lunes, 26 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO

Celebramos o día do libro, durante a "hora de ler" baixando ao patio e por parellas ou as veces trios lendo os alumnos maiores un conto aos máis pequenos.
Quixeramos saber cal foi a túa experiencia como contador de conto ou como receptor do mesmo.
Agardamos os teus comentarios.

domingo, 4 de abril de 2010

DÍA DA POESÍA

















O día mundial da poesía foi proposto en 1999 pola UNESCO. Celébrase cada 21 de marzo co propósito de promover a poesía como unha forma de cultura esencial.





Dende a biblioteca o primeiro que fixemos foi renovar a sección 82-P, mercando novos libros para todas as idades. Imos facer unha exposición de todos eles.





Realizaremos dramatizacións de poesía, lecturas de poesías favoritas dos nenos, recitacións, contacontos. Todos os traballos que fagades podedes baixalos á biblioteca para que sexan expostos nos taboleiros.